A área sanitaria de Ourense comeza a facer os test rápidos do coronavivus: consulta aquí o protocolo que debes seguir.
A área sanitaria de Ourense, da que dependen as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, comeza a facer os tets rápidos do coronavirus, sen baixarse do coche, para todas aquelas persoas que presenten os sintomas, en todo caso con cita previa que debe pedirse con antelación.
QUE FACER SE SE SOSPEITA DE TER CORONAVIRUS? Permanecer no domicilio, chamar ao teléfono 900400116 e esperar ao diagnóstico telefónico dos sanitarios de Medicina Preventiva, que decidirán se é conveniente someterse á proba. Se por autonomía e proximidade ao hospital pode desprazarse en coche, daráselle cita. En caso contrario, avaliando a súa situación persoal, irá un equipo ao seu domicilio,
QUEN PODE FACERSE As PROBAS? Só as persoas que teñan cita concertada polo CHUO, que avisará por SMS da hora da cita e o punto exacto ao que se debe acudir. Débense padecer síntomas leves. Nunca se pode acudir sen cita, de maneira unilateral. Ademais, en caso de ser parado polas autoridades, o SMS enviado polo CHUO servirá de xustificación do desprazamento.
CANTO TEMPO FUNCIONA? Todos os días da semana, en horario de mañá e tarde. Incluído fins de semana e festivos.
ONDE SE ACODE? A xerencia da área sanitaria habilitou un circuíto de entrada e saída perfectamente sinalizado, na traseira do edificio Santa María Nai. Alí, haberá un punto de estacionamento, cun profesional de enfermería e un técnixo auxiliar. Só baixando a ventanillla tomarase a mostra. Pode facerse un test cada cinco minutos.
QUE FACER Ao CHEGAR? Parar o vehículo no punto sinalado, non baixar en ningún momento do coche, baixar o portelo e esperar as indicacións dos sanitarios. Ao acabar, abandonar o lugar e regresar ao domicilio para esperar os resultados.