O concello prorroga o prazo de pagamento de impostos e anuncia a suspensión dalgunas taxas municipais. A oficina de recadación permanecerá pechada.
Debido ao estado de alarma polo COVID-19, o período de cobro de impostos e servizos municipais que finalizaban a primeiros de abril, quedan prorrogados nun principio ata o 30 de abril. Trátase do Imposto de vehículos e Axuda no fogar do mes de febreiro.
Así mesmo, quedan suspendidos os cobros de Bo Día Familia Quincenal, Cursos de Natación para maiores e das escolas de Artes Escénicas e Musicais.
En relación ao derradeiro día para domiciliar recibos para diversas taxas, que remataba o 1 de abril, queda prorrogado nun principio para o 30 de abril.
No caso de AUTOLIQUIDACIÓNS, os administrados deberán comunicarse telefónicamente coa oficina de Recadación, que lles facilitará o recibo para proceder ao seu pago.
Tamén informamos que a oficina de recadación permanece pechada, e as xestións con este departamento deberán facerse telefónicamente nos números: 988 27 49 57 ou 988 22 62 14.
Finalmente, informamos que os pagos dos tributos e prezos públicos municipais farase mediante transferencia bancaria ou nos caixeiros automáticos das Entidades Colaboradoras (CAIXA RURAL, BBVA e ABANCA). No caso de escoller a transferencia bancaria a oficina de recadación facilitará o IBAN da conta de Recadación onde deben realizar os ingresos.
Non se poderán facer pagos mediante o sistema TPV, instalados nas oficinas municipais.
Estas medidas poden consultarse integramente no Bando da Alcaldía publicado na páxina web e no facebook do concello do Carballiño.