Confinamento e falta de responsabilidade en Seoane

23, Marzo 2020

Quixera dar conta da lamentable realidade que estou vendo estes días no pobo de Seoane. Mentres algúns seguimos, estrictamente, o confinamento decretado e non saímos da casa máis que unha vez á semana, pra facer compra no super suficiente pra polo menos unha semana, pra evitar viaxes innecesarios, vemos estas cousas: como outros aproveitan pra sair de paseo polo pobo; fillos, adultos, con pais, que nunca antes se viron de paseo xuntos; nenos correteando e en bicicleta, cando non se ven nin os fins de semana, nin case nos meses de vacacións escolares; xente que vive no Carballiño ou en Ourense e ven "ver a horta", aproveitando o "aburrimento" destes días; xente, xubilados ou maiores de 60 anos, sentados, de a tres ou a catro, xuntiños e ben pegadiños (veciños, non membros dunha familia que vivan xa baixo o mesmo teito), en bancos públicos, ó conto, pasando a tarde; xente que nunca ves a pé, agás estes días, que andan de paseo; outros que aproveitan pra pasear cans que nunca antes sairan de paseo; e un largo etc. E todo isto visto dende a fiestra da miña casa.
É unha pena ver tanta irresponsabilidad; un desexa non ter que sair e ve que a outros lles da igual; que incumplen os mandatos e que non pasa nada de nada, porque aquí ninguen vixía.
De verdade me pregunto se tería que estar un militar, policía, guardia civil... en cada casa, cunha metralleta pra que ninguen se mova?
Cómo pode tanta xente facer burla de tantos que nos esforzamos?
Gracias.
Saúdos.