A Policia Local atende a persoas sen fogar e informa ao concello para que poidan confinarse
"Quédate na casa" é a frase que unha e outra vez nos recomendan para superar esta grave situación que estamos atravesando.
Unha recomendación que resulta imposible para algunhas persoas, tamén aquí no noso ámbito local, as persoas sen fogar encóntranse entre as máis vulnerables polo coronavirus, porque non poden cumplir co confinamento, porque están continuamente na rúa, e porque probablemente terán algunhas patoloxias polos seus hábitos de vida.
A Policia Local do Carballiño atendeu este lúns a dúas persoas sen teito, e informou aos responsables municipais para habilitar unha solución, xa que dada a situación actúal non poden ser realoxados en ningún hostal.