Os concellos da comarca incrementan os traballos de desinfección nos lugares máis sensibles
No concello do Carballiño incorpouse un vehículo que está especialmente adaptado para esta función, xa que permite a desinfección de forma mecánica.
O concelleiro de seguridade, Manuel Sotelo, coordena os traballos que se priorizan dende a comisión de seguimento da alerta sanitaria do concello do Carballiño.
O alcalde, Francisco Fumega, comunicaba hoxe que esta actividade de desinfección xa se ven facendo desde a pasada semana naqueles espazos de máis afluencia de público, e desde esta semana van levarse a cabo noutras zonas do ámbito urbano, para esta mesma noite está previsto que a desinfección se acometa nas rúas que baixan dende o centro ata a avenida do Balneario.
Esta mesma actividade de desinfección de lugares sensibles está en marcha en todos os concellos da comarca, prestando especial atención nos centros de saúde, oficinas municipais, farmacias e establecementos de alimentación.