Unha dotación da UME desinfecta a residencia de maiores do Cornuval, mentres os bombeiros forestais fano nas residencias da comarca
Unha dotación da Unidade Militar de Emerxencias realizou esta mañá labores de desinfección nas resindencias públicas de maiores do Carballiño, no Cornuval.
O alcalde do Carballiño Francisco Fumega confirmou a esta emisora de radio que, a maiores, tamén se realizan traballos de desinfección nos exteriores das dúas residencias de mairores privadas que temos no Carballiño, a de Partovia e a residencia dos Irmáns Prieto, que coas súas 119 praza é a de máis alta ocupación de toda a comarca.
Mentres, nos concellos de 5.000 habitantes, é decir todos os da comarca agás O Carballiño, son os bombeiros forestais e os profesionais do Servizo de prevención e extinción de incendios da Xunta de Galicia os que desde onte realizar labores de desinfección, que xa fixeron nos exteriores das residencias de Maside e San Amaro, e esta mesma mañá na casa de maiores de Dacón.
Tamén actuarán nos exteriores dos centros de saúde, complementando os traballos que xa están levando a cabo os respectivos concellos.