O concello amplía os traballos de desinfección a barrios e ás parroquias de Arcos, Señorín e Mesego
Esta pasada noite levouse a cabo outra labor importante de desinfección de rúas e espazos públicos da vila, ampliando o ámbito do traballo ata as parroquias, como Señorín, Mesego e Arcos, así como en rúas de fóra do casco urbano.
Este proceso de desinfección realízase con moita efectividade gracias a dous tractores da zona do Ribeiro, mediante unha colaboración totalmente desinteresada, e tamén gracias á colaboración, por segunda semana, do tractorista “Peleteiro”, da Adega Casal de Armán.
O Concello do Carballiño agradece estas colaboracións, totalmente solidarias, que supoñen un gran avance nos traballos de desinfección de rúas e espazos públicos do Carballiño, enmarcados dentro das medidas preventivas polo coronavirus.