O Carballiño recibe un lote de EPI enviado pola Xunta, que tamén chegará a todos os concellos
O Carballiño recibe este martes dia 31 de Marzo lote de EPI enviado pola Xunta aos concellos galegos, no caso do Carballiño compónse de 350 máscaras cirúrxicas, 60 batas protectoras, 12 traxes antisalpicaduras, asi como distintas cantidades de desinfectante clorado e xel hidroalcohólico.
A composición de cada envio aos concellos faíse -afirman dende a Xunta- tendo en conta a poboación e o número de casos positivos en coronavirus.
O material chegará directamente dende o centro loxístico que a Xunta ven de poñer en marcha para centralizar a adquisición e distribución de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria por coronavirus.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que este centro loxístico, denominado Clonegal, ponse en marcha tralo aumento do material que chegará ás administracións locais e tamén co obxectivo da axilización do reparto, xa que os concellos recibirán os envíos no seu propio municipio e non terán que desprazarse. Os medios foron adquiridos directamente polo Goberno autonómico ante a escasez de subministración do Goberno central.