Os sectores esenciais manteñen activos a unhos 1600 traballadores na Comarca
Do total de 6352 afilidados que ten a Seguridade Social na Comarca do Carballiño, unhos 1600 -aproximadamente- continúan nos seus postos de traballo dende que o estado de alerta ordenou o peche de todas as actividades e sectores industrias considerados non esencias. Ou o que é o mesmo, arredor do 25% da masa laboral da comarca sigue traballando a diario.
Xa estaban pechados dende o inicio do estado de alerta a hostelería e o comercio, sectores de moito peso na comarca, e sobre todo no Carballiño, pero continuaban activas as empresas con máis masa laboral, que desde principios desta semana están pechadas polo Real Decreto do pasado domingo.
Na zona industrial do Carballiño, no polígono da Uceira e o parque empresarial, con 1.050 traballadores, apenas o 15% manteñen a súa actividade, según o cálculo que nos achega o presidente da asociación de empresarios da Área Industrial do Carballiño, Manuel Carballeda.
Aínda que por medio dunha Órden Ministerial deste pasado lúns se autorizou a actividade aos autónomos, o certo é que a maioria permanecen sen desenvolver actividade "para que imos abrir, se os posibles clientes non poden sair da casa nin traballar", contaba a COPE O Carballiño Roberto Ucha, de "Motoserras Ucha".
A excepción ao parón que se vive en todos os concellos da comarca é a que se da en Piñor, onde dos 345 afiliados que ten a seguridade social neste concello, a maioria, arredor dunhos 300 según calcula o seu alcalde José Luis González siguen traballando, xa que todos eles pertencen a actividades consideradas como esenciais, concretamente a fabricación de ataudes e os aserradeiros de madeira que abastecen a este sector que, ademáis, estáse vendo obrigado a aumentar a súa produción pola demanda extra provocada pola crise do coronavirus.