9.000 persoas sintonizan a diario COPE O Carballiño, según o último EGM, consolidando a esta emisora como líder absoluta en audiencia no Carballiño e Comarca
A última entrega do "Estudio General de Medios" que ven de coñecerse este lúns dia 6 de Abril certifica que COPE O Carballiño continúa como a emisora líder absoluta en audiencia diaria no Carballiño e todo o seu ámbito de influencia, de lúns a venres, 9.000 persoas infórmanse e entreteñen no 91.9 do dial da FM, sendo a única emisora local de radio que logra incrementar a súa audiencia.
Ademáis, e como dato novidoso para COPE O Carballiño este último EGM constata que 3.000 oíntes diarios escoitan a emisora dende fora da provincia de Ourense.
Os datos deste "Estudio General de Medios" foron recollidos durante os meses de Xaneiro, Febreiro e ata o 17 de Marzo, polo que non reflicte o periodo correspondente o confinamento do estado de alarma, no que o consumo informativo da poboación experimentou un notable incremento.
Dende COPE O Carballiño achegamos o noso agradecemento a toda a audiencia e reafirmamos e aínda máis agora nestas circustancias que vivimos, en tempos convulsos tamén para os medios de comunicación, o noso compromiso informativo e social coa Comarca do Carballiño.