O BNG pide ao concello un protocolo para o reparto de máscaras entre a veciñanza "esto non é unha campaña electoral", afirman.
O BNG de San Cristovo de Cea está favor "como non podía ser doutro xeito" de que o Concello se ocupe de aplicar todas as medidas posibles para protexer a saúde da poboación.
Tamén considera "loable a predisposición de persoas particulares, autónomos ou empresas para colaborar na elaboración de máscaras caseiras ou para voluntariamente axudar a enfrontar a grave situación na que nos atopamos".
O BNG de Cea Expresa o recoñecemento e agredecemento a todas as persoas que colaboran voluntariamente, "pero o hai situacións nas que a boa vontade non é suficiente, sendo necesario extremar as medidas e cumplir os protocolos establecidos", manifestan.
Non lles parece tan ben a forma de repartir mascariñas pobo a pobo "efectuada polos membros do goberno municipal, posto que distribuir material para previr o contaxio do virus non é o mesmo, nin pode efectuarse do mesmo xeito, que un simple reparto de papeletas para unha campaña electoral ordinaria".
Por eso, dende o BNG de Cea enumeran unha serie de medidas que deberían consideranse:
a) que se trata de material homologado e convintemente esterilizado,
b) que o reparto se axuste a un protocolo axeitado, supervisado por algún experto e coas instrucións oportunas sobre esterilización, modo de uso, tempos, etc.
c) que o persoal encargado de efectuar o reparto leve a protección axeitada, respetando os protocolos establecidos que garanta a prevención da epidemia, evitando neglixencias no reparto.
Asemade, indican que "o reparte en grupos ou sen utilizar guantes, mascariñas ou gardar as mínimas distancias parécenos unha irresponsabilidade que contrasta co estricto confinamento que ven observando a poboación. Non todo vale en calquer circunstancia.
Pareceríanos unha medida máis aséptica, tanto desde o punto de vista bacteriolóxico como político, que fose protección civil, debidamente equipada, quen se encargara de efectuar dito reparto".
Advirten que "hai que tomalo en serio posto que se están dirixindo ás persoas máis sensibles da sociedade, as que máis risco parecen correr (maiores de 65 anos, en xeral), polo que se deben extremar as precaucións, tratando de reducir as posibilidades de contaxiar ou contaxiarse durante o propio reparto. Non vaia ser que o remedio sexa peor que a enfemedade".
E finalmene, o BNG conclúe manifetando que síguese carecendo de datos sobre o número de afectados e a súa situación e "desde o Concello todo se sigue facendo de costas á Corporación, sin informala de nada, como se de unha cuestión partidaria se tratase. Sabido é que en Cea nunca se convoca á xunta de portavoces nin existen comisión sectoriais, de modo que seguimos a niveis predemocráticos".