A UME reparte este lúns máscaras de protección na zona industrial e noutros centros de traballo do Carballiño
A Unidade Militar de Emerxencias distribuirá a primeira hora da mañá deste lúns dia 13 de Abril máscaras de protección na Área Industrial do Carballiño, na que traballan unhas 1.100 persoas, a maioria delas reincorporánse este lúns aos seus postos de traballo tras o paro decretado nas actividades non esenciais, desde o pasado 30 de marzo.
Tamén realizarán este mesmo reparto noutros centros de traballo do concello do Carballiño, non obstante na comunicación da Delegación do Goberno non se informa do número de unidades que se distribuirán.
Doutra parte, este domingo, soldados da UME levaron a cabo traballos de desinfección na Residencia Irmáns Prieto do Carballiño