Nai e fillo, naturais do Viñao, falecen por coronavirus en Madrid. Con eles, a comarca do Carballiño suma 7 vitimas dende que comezou a pandemia, todos residian fora
A nai, unha octoxenaria e o seu fillo, de 59 anos, naturais da aldea do Viñao, no concello de Punxín, faleceron no transcurso dos últimos dias vítimas do coronavirus en Madrid, onde residían ambos nun piso.
Faleceron nun pequeno intervalo de dias, primeiro a nai e despóis o fillo, éste último o pasado venres, ambos foran diagnosticados co COVID-19, a noticia causou fonda tristeza e pesar entre a veciñanza do Viñao, onde pasaban tempadas de vacacións.
Con estas dúas mortes, son xa 7 as vitimas por coronavirus entre persoas naturais da comarca do Carballiño dende que comezou a pandemia, todos eles residentes fora da comarca, 5 en Madrid, 1 en Vigo e 1 no Barco de Valdeorras, éste último nunha residencia de maiores.