Os concellos de Maside e Boborás compran máscaras de autoprotección para repartir entre a veciñanza, e Beariz pon en marcha unha iniciativa solidaria
Os dous concellos con máis poboación da comarca, despois do Carballiño, que son os de Maside e Boborás deciden comprar máscaras de autoprotección para repartir entre a súa veciñanza.
O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, comunicou que este concello acaba de recibir un total de 1.500 máscaras que xa se están distribuíndo por parte dos responsables municipais entre a poboación masidá.
No caso de Boborás, o reparto organizaráse a través dos voluntarios de Protección Civil e seguindo os criterios do propio concello, según deu a coñecer a alcaldesa Patrica Torres.
Mentres, en Beariz púxose en marcha unha iniciativa solidaria para reunir fondos cos que adquirir equipos de protección para a veciñanza do municipio. O escritor bearicense José Balboa achegou a esta iniciativa solidaria a doazón dun lote de libros da súa autoría, coa idea de que a recadación que se consiga se destine a esta finalidade.