Máis de 700 persoas da comarca do Carballiño serán chamadas dende Atención Primaria a partir deste xoves para participar no estudo galego de seroprevalencia
No caso da comarca do Carballiño, algo máis de 700 veciños e veciñas serán chamados dende este xoves 23 de Abril e no transcurso das próximas semanas para realizar o test o estudo galego de seroprevalencia que vai levar a cabo a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través do Servizo de Atención Primaria.
No ámbito comarcal, os concellos de Piñor e San Cristovo de Cea forman parte da área de Atención Primaria de Coles, en ambos os dous concellos serán chamadas 90 persoas para realizar o test, mentres que algo máis de 600 persoas serán residentes nos concellos do Carballiño, Maside, San Amaro, Punxín, Beariz, Boborás e O Irixo, todo eles formando parte do Servizo de Atención Primaria do Carballiño.
O IGE foi o encargado de facer unha selección aleatoria da poboación que vai ser chamada, na que figuran titulares e suplentes, e na que tiveronse en conta os tramos de idade e a poboación de cada concello.
A proba consiste nunha extracción de sangue de forma convencional, da que se extraerán os resultados que se coñecerán neste estudo de seroprevalencia SARS-COV-2 entre a poboación galega.
A participación nesta proba é voluntaria e os resultados serán confidenciais.