Unhas preguntas ó PP
Pouco antes das municipais o PP aprobaba os orzamentos de Fumega, pasadas ás eleccións o PP queixábase das subvencións discrecionais de Fumega e as calificaba de electoralistas. Non o pensou antes?
Agora Espazo Común é o primeiro que move ficha e plantexa a necesidade de dotar unhos cartos pra atacar a terrible crise que ven. Para elo deseña un programa realista e sostible. Fumega interpreta que o único rival político é Espazo Común, prescinde deles e conta co PP como tonto útil que sempre fai de convidado de pedra nos intereses e as estratexias do PSOE. E xunto co PP quere deseñar un programa moito máis cativo, moito máis improvisado, e o PP di que sí sen tan siquera analizar qué é o mellor para os veciños.
O PP vai seguir sendo sempre o tonto útil do PSOE?
É máis importante para o PP ser o tonto útil do PSOE que analizar os verdadeiros desafíos desta crise pra poñerlles solución??
Temos que ser os votantes do PP os que fagamos oposición porque os representantes do PP son incapaces?
A política do PP limítase a pasear Baltares e Feijóos?
Agradecería algunha resposta de algún representante do PP se é que non están demasiado ocupados facendo de florero do PSOE ou preparando as visitas dos citados