Outro roubo de galiñeiro: lévanse un capón e tres galiñas en San Amaro
A propietaria presentou a denuncia ante a Garda Civil, trátase do terceiro roubo de animais domésticos na comarca.
As tres galiñas e o capón que se levaron estaban on interior dunha finca na localidade de Casar do Mato, preto da capitalidade municipal do concello de San Amaro.
Ademáis, os ladrós aproveitaron a visita para entrar no interior da vivenda, tamén da mesma veciña, levándose un televisor e un reloxio.