O Carballiño e Comarca entra na fase 1 da desescalada: consulta aquí todo o que podemos facer a partir deste lúns dia 11.
Franxas horarias
A partir do lúns dia 11 tan solo para paseos e facer deportes e con posibles cámbeos no tramo dos nenos para evitar as horas de máis calor, polo momento as franxas horarias mantéñense igual que durante a fase 0 para pasear e facer deporte. De 6 a 10 e de 20 a 23 horas para persoas de 14 anos a 69 anos; de 12 a 19 horas para os nenos menores de 14, que poden ir en grupos de ata tres acompañados dun adulto; e o horario de 10 a 12 e de 19 a 20 horas para os maiores de 69. Estas franxas só rexen o paseo e o deporte. Para o resto de actividades, por exemplo ir ao supermercado ou a comprar en calquera comercio, non hai limitacións horarias. Con todo, non se poderán compatibilizar outras actividades coas deportivas durante a mesma saída, por exemplo saír a correr e parar a tomar algo nunha terraza. Non estará permitido.
Todas parroquias da comarca, excepto o núcleo urbano do Carballiño
Poderán continuar paseando ou facendo deporte con liberdade horaria, sen ter que ningunha franxa, que sí terán que seguir respectando durante a fase 1 aqueles residentes do núcleo urbano do Carballiño (11.338 habitantes)
Poderémos xuntarnos en grupo de ata 10 persoas
Estes encontros poderán realizarse tanto en domicilios como en terrazas, respectando as medidas de seguridade e hixiene. Os participantes poderán ser nenos ou adultos. Só exclúense persoas con síntomas e colectivos vulnerables. Este límite non se aplicará ás persoas que conviven. As visitas a familiares non conviventes realizaranse entre persoas sen ningunha patoloxía previa e que non sexan vulnerables. Con todo, estableceranse limitacións para maiores e xente con patoloxías, que poderán ir modificándose nas fases 2 e 3.
Toda a familia de convivencia pode viaxar no mesmo vehículo
Estará permitido que os vehículos viaxen ao cento por cento da súa ocupación se todos os viaxeiros viven no mesmo domicilio. No caso de que non sexa así terán que facelo como ata o de agora, dous por liña e con máscara.
Todos os comercios, sen cita previa e cun aforo do 30%
Desaparece a cita previa e aforo dos locais queda reducido ao 30 %, aínda que respectando as medidas de distanciamento social. En todo caso, só poderían abrir aqueles que teñan menos de 400 metros cadrados. O aforo ten que estar exposto ao público e o propio local deberá levar o control. Deben manter un horario prioritario para maiores de 65 anos. Os concellos poderán reabrir mercados e mercadillos ao aire libre, dando preferencia aos produtos agroalimentarios. A mercadoría non pode ser manipulada polos clientes.
Terrazas ao 50%.
As terrazas reabrirán, limitándose ao 50 % das mesas que tiñan permitidas, que deberán estar dispostas gardando a distancia de seguridade. A limpeza debe ser constante e priorizaranse os materiais dun só uso, como manteis de papel. Fomentarase o pago con tarxeta e evitaranse as cartas impresas de uso común. Os elementos de servizo, como as vaixelas, deben almacenarse en recintos pechados ou lonxe de zonas de paso. Priorizaranse os envases monodosis. A ocupación máxima dos aseos, que deberán limparse un mínimo de seis veces ao día, será dunha persoa, salvo que o usuario necesite asistencia. Os negocios que reabran poderán establecer sistemas de recollida de comida no local, sempre que esta sexa graduada e evite aglomeracións no interior ou o acceso.
Turismo de natureza.
Poderase realizar turismo activo e de natureza en grupos limitados, de momento exclusivamente dentro da mesma provincia.
Igrexas e lugares de culto
Poden iniciar a súa actividade cun aforo do 30% da súa capacidade, e respectando as normas de seguridade. Os velorios en interior cun límite de 10 persoas e 15 en exterior, igual que nos cemiterios.