Sen novena de Sta. Rita en Dacón por vez primeira en 98 anos. COPE O Carballiño ofrecerá o rezo diario ás 19:50 horas
A ""novena das novenas" da comarca non se celebra este ano, debido á situación que vivimos a parroquia de Santa María de Amarante de Dacón decidíu suspender a súa celebración, aínda que o culto nas igrexas cun aforo dun terzo da súa capacidade está permittdo dende o pasado lúns. Será a primeira vez que esto acontece dende o ano 1922, cando comezou a celebrarse.
Non haberá celebración da novena na igrexa de Dacón, aínda que sí permanecerá aberta a diario de 19 a 21 horas para permitir as visitas das persoas devotas, para elo a parroquia ten organizado un protocolo no que colaboran un grupo de voluntarios que velará para que cumplan as normas de seguridade tanto no interior do templo como nos seus accesos.
De todos os xeitos, o párroco de Dacón José Ramón Hernández, ofrecerá o rezo diario da novena de Santa Rita en COPE O Carballiño, do 13 ao 21 de Maio sempre ás 19:50 horas, ademáis o dia 22, festiiividade de Santa Rita, tamén se emitirá á mesma hora a versión radidada da misa solemne.