A vila de Maside renova a rede de pluviais e saneamento, unha obra para a que a Confederación Hidrográfica aporta 376.000 euros
O alcalde Maside, José Manuel Iglesias e o presidente da Confederación Hidrógráfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga, veñen de asinar o convenio de colaboración que vai permitir acometer o proxecto de mellora da rede de pluviais e saneamento n vila de Maside.
Desta maneira, a Confederación Hidrográfica comprométese a financiar a obra de renovación das redes de pluviais e saneamento na capitalidade municipal, que quedaran moi danadas polos temporais que afectaran á nosa comarca no inverno de 2018.
Procederáse á intalación dun novo colector principal e renovación da rede integral, e posteriormente a reposición das beirarrúas e da calzada.
A obra terá un coste total de 470.000 euros, dos que a Confederación achegará 376.000 euros (o 80%) mentres que o 20% restante, que son 94.000 euros, serán aportados polo propio concello.