As palmeiras do Carballiño, vítimas do "picudo vermello", o Partido Popular pide ao concello que as substitúia por outro tipo de árbores
A praga do escaravello coñecido como o "picudo vermello", que se extende dende fai algunhos anos por toda Galicia, afectou a tres das catro palmeiras que dende fai décadas forman parte da paisaxe da contorna da Veracruz, e tamén ás dúas existentes na confluencia entre as rúas Castelao e Compostela.
O Partido Popular ven de chamar a atención sobre esta problemática "xa que varios veciños levaron algún susto polo desprendemento de ramas", ademáis de reparar na penosa imaxe que dan na Praza da Veracruz.
Os populares aseguran que en ningún caso son recuperables, polo que "deben sustituírse por outrs árbores", pero que non sexan palmeiras "que non son propias do noso territorio e clima", e mesmo aconsellan que no caso da Praza da Veracruz deberían substituílas "por árbores que garantan sombra pero que non cheguen a tapar a fachada do templo, como sucedía coas palmeiras".
En relación ás do cruce de interseción entre ás rúas Castelao e Compostela, o Partido Popular propón que ademáis da súa substitución "se estudie a posibilidade de modifica o triángulo no que se atopan e remodelar o cruce cunha conexión máis funcional e segura para tráfico e peóns", nunha zona moi transitada e na que tamén conflúen as rúas Serra Martiñá e Bos Aires, as dúas paralelas á via do tren.