O concello anuncia a reapertura das pistas de pádel e tenis
A área de Deportes do concello do Carballiño abrirá a partir da primeira semana de xuño as pistas polideportivas para a práctica do pádel e do tenis, anexas ao pavillón Paco Chao.
Por este motivo, a partir do luns, 1 de xuño, poderanse solicitar quendas para o uso destas pistas.
As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono do concello (988 530007), en horario de mañá, de 09,00 a 14,00 h., de luns a venres, agás festivos, onde poderán facer as súas reservas para xogar.