O anuncio do concello sobre a festa do pulpo leva ao Partido Popular a manifestar "dúbidas e reservas" sobre a súa organización
O Partido Popular considera que o "concello do Carballiño, segue a dar bandazos na súa liña de soltar ideas ao aire sen ter feito un mínimo traballo que garanta as propostas que fai".
Refírese ao anuncio feito este pasado sábado sobre a celebración da festa do pulpo para este ano, según o PP, "facendo un dano importante á Festa do Pulpo e por conseguinte ao pobo do Carballiño pois é dunha irresponsabilidade total, falar da Festa do Pulpo na edición do 2020, cando non existe un plan de actividades posibles que contemplen un primeiro informe sanitario, de seguridade e que incluso fale de posibles variables".
Non entenden no Partido Popular que se se avance a celebración da festa e a súa dedicatoria ao personal sanitario precisamente "os criterio sanitarios e de seguridade depende dos mesmos concelleir@s que estiveron repartindo mascarillas porta a porta poñendo en risco a veciñanza ou depende de quen a estas alturas non dan posto en orden as dependencias municipais que garantan un traballo seguro aos empregados, ou daqueles que seguen sen ser capaces de garantir unha convivencia ordenada entre terrazas e viandantes".
E engaden nas súas consideracións que "o Concello do Carballiño, está a dar largas a moitas iniciativas que se lle están propoñendo dende diversas asociacións culturáis para uso de instalacións como o auditorio, porque según lles din, simplemente non poden garantir unha limpeza exhaustiva tal como é obrigatorio, e sen embargo nos avanzan que a Festa do Pulpo se porá facer".
Os populares manifestan a súa incredulidade co anuncio do concello sobre a festa do pulpo para o mes de agosto cando antes "deberíase de concretar que se vai a facer con actividades que se viñan facendo no mes de Xullo, como pode ser o carnaval de verán, a Festa da Liorta, plantexar unha apertura segura e inmediata das piscinas, ou fixar un protocolo claro de utilización das pallozas e do cámping con persoas procedentes de calquera lugar e tamén fixar un criterio para calquera tipo de actividade que se lle propoña. Incluso, debería de ter un criterio concreto para o caso de que se decidise por parte da Xunta a organización da Festa do Maiores ou por parte de Special Olimpics a súa celebración anual".
Recoñecendo que non sempre é doado acertar, ao mesmo tempo engaden que "a improvisación nun momento como o que estamos a vivir é a peor ferramenta".
Finalmente, dende o Grupo Popular,trasladan ao Grupo de Goberno municipal, "que non se esconda na súa maioría absoluta, e neste senso, seguimos reclamando e así o faremos cada vez que se solten propostas ao aire sen traballo previo, que se constituía a comisión municipal do COVID19 para que con expertos designados xunto cos partidos con representación no concello, se poida ter un mellor acerto na toma de decisións e non facelo por impulsos".