O BNG reproba á Asociación Camiño Miñoto-Ribeiro ao deixar a Berán fora desta ruta
O BNG esixe ao presidente da Entidade Local Menor "que defenda os intereses de Berán inste a unha modificación do percorrido, que se recolla o seu pola pola parroquia desde Caldelas ata Caldas".
A reclamación do grupo nacionalista chega despois de saberse da proposta da Asociación Camiño Miñoto-Ribeiro, da que forman parte varios concellos das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, sobre o trazado desta ruta xacobea, que aínda está sen oficializar como tal.
O BNG denuncia "o escurantismo desta asociación, que non tivo en conta o traballo que se leva feito por diferentes colectivos de Berán e fora de Berán".
Poñen de manifesto que "o paso do camiño pola parroquia de Berán é un engadido para a divulgación do noso balneario e un valor turístico para Berán, sendo unha reivindicación de diferentes asociacións e veciños de Berán dende que se ven reclamando dende fai ano".