116 alumnos das comarcas do Carballiño-O Ribeiro matriculáronse para as probas da ABAU, que terán lugar no IES Chamoso Lamas do 7 ao 9 de Xullo
O Carballiño convertiráse este ano por vez primeira en sede para as probas de Avalicación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU, asi o decidíu a comisión interuniversitaria de Galicia no contexto da actúal situación sanitaria.
Desta maneira, evítanse os desprazamentos masivos e como medida de prevención ante o risco de contaxio de Covid-19.
O alumnado das comarcas do Ribeiro e O Carballiño realizarán as probas da ABAU no IES Chamoso Lamas do Carballiño, entre o 7 e 9 de Xullo na convocatoria ordinaria, son en total 116 alunmos os que formalizaron a matricula, pertecentes ao IES do Ribeiro, IES nº 1 do Carballiño e IES Chamoso Lamas.
Os exames comúns terán lugar no pavillón de deportes do centro, que tamén habilitará outros espazos para as probas non comúns.
Entre as medidas incluídas na normativa publicada na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia atópanse a desinfección dos espazos, a obrigatoriedade do uso de máscaras e a limitación dos obxectos que poderán portar os estudantes.