40 dias despóis de autorizarse a reapertura, continuan pechados os parques infantís do Carballiño
Unha tardanza na súa reapertura que está motivando numerosas críticas, sobre todo entre as familias con cativos, que ven como mentres na practica totalidade dos concellos da comarca, como nas vilas e cidades galegas, a maioria dos parques infantís volven estar abertos, no Carballiño continúan sen poder utilizarse.
E acontece esto porque, corenta dias despóis dende que a Xunta autorizase a reapertura destas instalacións, o concello do Carballiño aínda está pendiente dun protocolo necesario dentro da nova normativa, como son o control de aforo e as medidas hixienico-sanitarias de prevención contra o Covid-19.
Dende o concello, o concelleiro de seguridade Manuel Sotelo manifestara cando a Xunta autorizou a súa reapertura que "esto non se pode facer dun dia para outro, precisamos tempo porque a seguridade está por riba de todo", despóis foi o alcalde Fumega quen anunciou como datas probables a principios de Xullo, e xa na segunda semana deste mesmo mes no que andamos o concelleiro de seguridade afirmou que estaban pendientes de recibir os dispensadores de hidroxel, pero o certo para disgusto de cativos e maletar das famlias, os parques infantís continúan pechados.
Pola súa parte, os grupos da oposición municipal pediron en varias ocasións maior celeridade para a reapertura dos parques infantís, pero de momento o grupo de goberno socialista non reacciona a estas demandas.