Un dos xóvenes técnicos con mellor proxección no fútbol galego: O Arenteiro confirma a Fran Justo como novo adestrador
O Club Deportivo Arenteiro fáise cos servizos dun dos técnicos xóvenes con mellor proxección do fútbol galego da actualidade. Chega a Espiñedo avaliado polo seu gran traballo no Ourense CF, equipo ao que ascendeu de Preferente a Terceira división, e no que protagonizou as últimas tres magníficas tempadas, un traballo que culminaba esta última clasificando ao equipo para a final da promoción de ascenso a Segunda-B.
O club confirma o acordo, que xa está cerrado por ambas partes, polo que Fran Justo (Ourense, 1989) convértese en novo adestrador dos verdes na terceira división. Con él, tamén se incorporan ao corpo técnico de CD Arenteiro, Alex Vázquez e Millán Fernández, como adestradores e Nico López como preparador físico.
Este lúns dia 3 de Agosto, tras asinar o contrato co que se vinculan a CD Arenteiro, terá lugar o acto de presentación oficial no Estadio de Espiñedo ás 20:30 horas.