Un fútbolista "TOP" para o novo Arenteiro: Alex Fernández chega tras cinco tempadas no Pontevedra CF e súmase ás fichaxes confirmadas de Arce, Marquitos, Diego García, Germán Nóvoa e Manu
O novo Arenteiro vai tomando forma e continúa asinando fútbolístas contrastados para conformar un equipo que pode dar moito que falar a próxima tempada na terceira división, desta vez todo un fútbolista "TOP" para a categoria, que chega a Espiñedo co aval de 14 tempadas na segunda b, as cinco últimas sendo un dos capitáns e xogadores destacados do Pontevedra CF.
Alex Fernández, ourensano de 32 anos recén cumpridos, chega ao plantel que dirixirá Fran Justo co aval dunha traxectoria de 14 anos na segunda división b, en equipos como o Celta B, Lorca Deportiva, CD Ourense, Coruxo, e as últimas cinco tempadas militando no Pontevedra, no que foi un dos seus piares e capitán.
O expontevedrés ven desta maneira a sumarse ás fichaxes confirmadas polo club nos últimos dias, Rubén Arce (UD Ourense) Marquitos (UD Ourense) Diego García (Ourense CF) Germán Nóvoa (Ourense CF) e Manu Bardelás (Maside FC).
Ademáis, da anterior tempada están xa oficialmente renovados Pol, Padrón e Joni.