Sanidade certifica un novo brote de Covid-19 no Carballiño que afecta a catro persoas da mesma familia

O Sergas notificou este sábado a aparición dun novo brote de coronavirus no Carballiño, ao confirmarse catro casos positivos en Covid 19 nunha mesma familia, dúas mulleres de 42 e 16 anos de idade, e dous varóns de 22 e 18 anos.
Encóntranse en illamento no seu domicilio do Carballiño, monitorizados por Sanidade. Este segundo brote súmase ao declarado no Carballiño o pasado dia 3 deste mes de Agosto, e que tamén afecta a outras catro persoas.