O Carballiño despide ás "Hermanitas dos Anciáns Desamparados" tras 119 anos de presenza no Asilo-Residencia Irmáns Prieto
O bispo Leonardo Lemos oficiou esta mañá unha misa de acción de gracias no Templo da Veracruz dedicada á comunidade das "Hermanitas dos Anciáns Desamparados" que nestes dias completan o seu traslado a outras localidades por decisión das responsables desta congregación relixiosa.
Ponse asi punto e final a unha historia de relación das popularmente coñecidas no Carballiño como "as monxas do Asilo", onde desenvolveron a súa labor pastoral e social dende a súa chegada a O Carballiño, un dia 18 de Agosto de 1901, polo tanto cumplíanse onte os 119 anos daquéla chegada.
Nesta mesma celebración no Templo da Veracruz, o Bispo Leonardo Lemos, presidente do Padroado da Fundación Irmáns Prieto, propietaria do xeriátrico carballiñés anunciaba que a Fundación xa asinou un convenio con outra congregación de relixiosas "Servas de Xesús da Caridade" que pronto se incorporarán ao Asilo do Carballiño.