Créase a Unidade de Atención Parroquial do Carballiño cun equipo sacerdotal integrado por tres párrocos, Jorge Juan Pérez exercerá como moderador
Ven de crearse a nova Unidade de Atención Parroquial do Carballiño, que estará integrada por un equipo sacerdotal de tres párrocos e un deles exercerá a función de moderador, según se recolle no decreto que ven de asinar o Bispo de Ourense Leonardo Lemos.
Tras a xubilación como párroco do Carballiño de Xose Benito Siero, a igrexa trata de adaptarse a actúal realidade social e demográfica e opta por un novo modelo de organización que xa veu implantando noutras zonas da Comarca e que pasa pola constitución dun equipo sacerdotal que atende varias parroquias, realizando as súas funcións de párrocos de forma solidaria.
No caso da nova Unidade de Atención Parroquial do Carballiño o equipo estará integrado polos sacerdotes Jorge Juan Pérez Gallego, que ademáis exercerá como moderador, xunto a Francisco López Gómez e Enmanuel Álvarez Lara.
A UaP do Carballiño terá a súa sede na parroquia de San Cibrao, e ademáis da mesma tamén pasan a integrala as parroquias de San Roque de Señorín e Santiago de Partovia.
Para descargar o decreto do Bispo no que se crea a UaP e noméase aos párrocos e moderador preme no arquivo adxunto: