Novos casos de coronavirus na Comarca, os dous últimos notificados por Sanidade no concello de San Cristovo de Cea
Con estes dous novos casos no concello de San Cristovo de Cea o número de contaxios activos na comarca do Carballiño ascende a 21 persoas.
Según informa o propio concello de Cea trátase de dous veciños que fai unhos dias atrás acudiron a un evento familiar, no que estaría a orixe do contaxio, encóntranse en illamento no seu domicilio.
"Non queremos ser alarmistas, pero necesitamos ser cautos e extremar as precaucións, non relaxarnos e pensar, equivocadamente, que non depende de nos", reflexionan dende o concello de San Cristovo de Cea. A dirección da residencia de maiores de Cea suprimíu todo tido de visitas, e o concello restrinxe as actividades e o acceso aos edificios e espazos públicos.