Sanidade notifica un novo brote de covid 19 no Carballiño, que afecta de momento a catro persoas
O Sergas ven de comunicar que xurdiu un novo brote por coronavirus no Carballiño, que afecta de momento a catro persoas, pero prosigue o rastreo por se poidese haber máis persoas afectadas.
Por isto, o concello pide a máxima responsabilidade aos veciños, e en especial á mocidade, para que se respeten escupulosamente todas as medidas sanitarias de separación, uso da máscara e lavado frecuente de mans. Así mesmo, comunícase que a Policía Local está alertada desta circunstancia, e que intensifica a vixilancia para colaborar coas autoridades sanitarias no control deste brote e na aplicación das medidas de prevención en todo o termo municipal.