O concello de Avión confirma un segundo brote de coronavirus na localidade, que afecta a catro persoas
Trátase do segundo brote que se notifica por parte de Sanidade no municipio de Avión durante este mes de Agosto, o primeiro que afectou a tres persoas, declarouse o pasado dia cinco, e agora comunícase este segundo brote que afecta inicialmente a catro persoas.
Dende a institución municipal recoméndase extremar as precaucións, uso obrigatorio de mascarilla, manter a distancia social e limpar con frecuencia as mans. ante calquera síntoma da enfermidade NON saír da casa e chamar ao: Centro de Saúde 988 48 60 27 Teléfono, Coronavirus Galicia 900 400 116.