Novo brote de coronavirus confirmado por Sanidade, localízase no concello de San Cristovo de Cea e afecta de momento a seis persoas
Sanidade confirmou este mércores 2 de Setembro un novo brote de Covid-19 na Comarca do Carballiño, está localizado no concello de San Cristovo de Cea e afecta, de momento a seis persoas, aínda que podería aumentar unha vez que se coñeza o resultado das probas que se realizan aos contactos destas seis persoas.
O brote ten neste caso carácter familiar, e as seis persoas afectadas son dous homes de 34 e 56 anos, tres mulleres de 33,35 e 56 anos, un menor, todos eles en seguimento domiciliario por parte do Sergas.