Cine, música e contacontos en Avión, Leiro, O Carballiño, Boborás e Maside na axenda fin de semana.
Fin de semana chea de cine cunha variada oferta para todos os públicos, que inclúe desta vez unha proxección ao aire libre organizada polo concello de Avión e que se suma á programacíón habitual do NOVOCINE de Leiro e a inauguración da tempada do Cine-Club Carballliño.
Na Praza do Concello de Avión, o venres 11 ás 22 horas, cinema de verán ao aire libre coa proxección da película documental de Aitor Rei "A Última Viaxe do Afiador".
No auditorio do Carballiño temos unha fin de semana chea de cine, que se abre o venres 11 co inicio da tempada do Cine-Club, proxectando a película de Benito Zambrano "Intempérie", co actor galego Luis Tosar no reparto, en dous pases ás 20 e 22,30 horas. Ademáis, sábado e domingo, ambos dias ás 19 horas, proxectaránse todas a curtametraxes que se presentan a concurso na sección oficial do Festival de Cans.
Mentres, na carteleira do NOVOCINE de Leiro dúas peliculas para toda a fin de semana: cine infantil con "Trasto de la mansión a la calle" (Venres ás 18:15, sábado e domingo ás 16 horas), e a película americana "After en mil pedazos" (Venres ás 20:30 horas, sábado e domingo ás 18:15 e 20:30 horas.
O Templo da Veracruz acolle este sábado dia 12 e dende as 20:30 horas o Festival "Outros países, Outras músicas" coa actuación da Coral de Campo Lameiro, o coro Ludus Tonalis da Coruña e o Coro de Cámara de Müsica Viva do Carballiño.
Tamén o sábado 12 ás 21:30 horas o concello de Maside programa na rúa principal da localidade unha sesión de música e contacontos a cargo de Lorena Pinheiro, historias e contos que a artísta acompaña con algunhas intervencións musicais.
E finalmente, tamén o sábado 12 ás 21 horas cine ao aire libre na Carballeira de Moldes, onde poderá verse "Parásitos" unha das películas máis premiadas do último ano, unha sesión organizada polo concello de Boborás.