Espazo Común propón un proxecto integral para resolver os problemas estructurais na Avenida do Balneario
A pesar de que é un problema que ven de vello, nos últimos tempos viuse agravado "pola irresponsable actuación levada a cabo por este Concello nas rúas Cuba, Venezula, Uruguay e Brasil que conectan a Avenida Julio Rodríguez Soto coa devandita Avenida do Balneario", aseguran dende Espazo Común.
A Avenida do Balneario -afirman- sofre decotío importantes encharcamentos e inundacións que provocan escorrentías baixo o asfalto e polo tanto un notable desafianzamento do pavimento e posterior afundimentos do mesmo. Non son -remarcan- simples fochancas, se non, en moitas ocasións, de socavóns do tamaño dun coche.
Dende Espazo Común inciden no problema e apuntan ás obras acometidas recentemente polo concello carballiñés afirmando que "nas disparatadas obras acometidas durante os pasados meses cun custo de 223.000 € das arcas municipais, o alcalde decidiu non acometer a correcta canalizacións das augas pluviais e a súa separación das residuais, como ditamina a norma e o sentido común", polo que concluén que a probematica aumentou considerablemente.
E poñen como exemplo concreto o acontecido recentemente "nos seis meses precedentes, os veciños da zona, puideron observar con preocupación como ata tres enormes buratos se abrían engulindo o piso, ocasionando que xa tivera que intervir o Concello para o seu arranxo, polo menos, en cinco ocasións. En días pasados, informáronnos doutro novo burato".
Para Espazo Común "é evidente que as ocurrencias do alcalde conlevan un gran prexuizo para moitos veciños e un sobrecusto en reparacións para as arcas municipais en reparacións que se poderían ter evitado de facer ben as cousas no seu día".
A solución pasaría, xa que logo, polas actuacións que propón Espazo Común e trasladará ao pleno da corporación municipal do Carballiño:
1.Que se acometa dende este Concello, un proxecto integral para a Avenida do Balneario que resolva os problemas actuais de conducción de augas e as súas consecuencias. Por suposto, que se contemple no mesmo a debida separación das augas residuais e das pluviais das rúas que afectan a este problema, dandolle a correspondente saida a cada unha segundo corresponda
2.Que unha vez elaborado se reúna ós veciños de dita rúa para informarlles pormenorizadamente das actuacións previstas.