A supresión do servizo de Correos os sábados na oficina do Carballiño "outra tomadura de pelo" para Espazo Común, que insta ao alcalde a "non consentir máis aldraxes"
Dende Espazo Común non disimulan a súa decepción, afirmando como "nos derradeiros anos, a perda de servizos no Concello do Carballiño está a ser certamente alarmante. E sin que semelle que ninguén faga moito por evitala". E poñen unhos cantos exemplos "comezando polo transporte público, continuando co Centro de Saúde e cun longo listado de elementos que foron desaparecendo paulatinamente do mapa local e que van provocando un retroceso nas condicións de vida dos cidadáns".
Agora -manifestan- tócalle a Correos, un servizo totalmente público e, polo tanto, xestionado polo goberno central de Madrid. Dende Espazo Comun recordan como "hai un par de meses, a oficina do Carballiño reduciu o seu horario eliminando os sábados coma día de apertura, precisamente o día que moitos usuarios aproveitaban para facer xestións in situ por non ter que traballar". Por todo elo, ESCO afirma que "a tomadura de pelo é constante. Hai pouco tempo, cando dende Espazo Común, protestábamos pola supresión da venda de billetes na Estación do Tren, díxos publicamente (alcalde incluído) que estes podían ser adquiridos na oficina de Correos" "O goberno de Fumega semella estar a outras cousas, aínda que ninguén sabe moi ben cales. É obvio ca que os seus compañeiros de partido da capital sigan mermando os servizos da veciñanza do Carballiño non debe ser unha das súas prioridades", manifestan.
E remantan anunciando que oGrupo Municipal de Espazo Comun levará esta cuestión a pleno se antes da súa celebración, a oficina de Correos do Carballiño non recupera o seu horario, porque "non podemos consentir máis aldraxes".