Arenteiro e Compostela xogarán en Espiñedo o primeiro partido de fútbol na provincia de Ourense dende fai máis de seis meses
Será o sábado dia 26 de Setembro dende as 18 horas no Estadio de Espiñedo, o Arenteiro recibirá á SD Compostela, equipo recén ascendido á Segunda-B, no que será ademáis o primeiro partido da pretempada para os verdes.
Non asi para a SD Compostela, que leva adestrando dende principios de mes e xa xogou a pasada semana co Estradense. Será o primeiro partido de fútbol que se vai xogar na provincia de Ourense algo máis de seis meses despóis dende que no pasado mes de marzo quedasen paralizadas todas as competicións deportivas, que posteriormente foron canceladas.
O partido terá aforo limitado según o protocolo que autoriza a celebración do mesmo tanto por parte da RFGF como da Xunta de Galicia, e os espectadores deberán acceder e permanecer no recinto deportivo cumplindo todas as medidas de seguridade polo Covid.