Sanidade notifica un positivo en coronavirus entre o persoal da Residencia Xeriátrica Quercus de Leiro
Sanidade confirmou este domingo 27 de Setembro un caso positivo de Covid-19 na Residencia de Maiores Quercus, na localidade de Leiro, que afecta a unha persoa que forma parte da plantilla de persoal do xeriátrico.
Trátase dun dos dous novos casos positivos detectados entre o persoal das residencias de maiores en Galicia nas últimas 24 horas.