Resiliencia e nova anormalidade
Durante o confinamento algúns concelleiros socialistas adicábanse a repartir mascarillas persoalmente ás persoas que lles interesaba, porque parece ser que deben entender que os cartos son deles, e son eles os que deben ir repartindo agasallos según os seus criterios.
Nin no confinamento nin con posterioridade foron capaces de facer o máis mínimo con algo de utilidade, de feito as axudas están sin repartir, e as bases son un pitorreo que nin eles entenden, pensaban que entrarían certos conceptos e incluso os publicitaban, e cando a xente lles decía que non entran según as bases, sorrían. Un caos.
Dementres, que non dementes, Fumega tomaba o pelo a cidadanía coa cacicada dos aparatos de calistenia.
Agora que hai contaxios a tutiplén habida conta que cando se podían facer as cousas estaban pensando en minifestas, ten unha reunión co conselleiro de sanidade e lle traslada parvadas.
Os socialistas e comunistas andan coa propaganda da resilencia, que en termos sicolóxicos ven a ser algo así como trágala. Traga a inutilidade destes políticos. Traga o seu caciquismo. Traga os seus enchufes e favoritismos. Traga as súas prevaricacións. Traga os ataques ao Estado de dereito. Traga os ataques ó Rei. Traga os ataques aos xuices: E fai todo iso porque veñen novos tempos, os da nova anormalidade e aberración. A RESILENCIA, o empoderamento e demáis parvadas que polo de agora tan só benefician a castas como as que viven en Galapagar como marqueses.