O concello de Boborás pecha a gardería municipal por cuarentena ata o dia 26, tras dar positivo en Covid-19 un usuario
O concello de Boborás comunica que o Punto de Atención á Infancia -PAI- permanecerá en cuarentena ata o próximo dia 26 de Outubro, e tras confirmarse que un dos cativos deu positivo en coronavirus, o que motivou a activación do protocolo correspondente.
Todas as familias usuarias do servizo foron informadas, e tanto eles como as dúas traballadoras da gardeiría serán sometidas as probas PCR.