18 de Outubro: Os contaxios activos avanzan en Boborás (+6) Cea (+2) O Irixo (+2) O Carballiño (+1) Baixan en Maside (-1) e Beariz (-1) sen variacións no resto dos concellos.
A comarca do Carballiño rexistra hoxe domingo 9 contaxios activos de coronavirus máis que onte sábado, según os datos notificados por Sanidade, polo que o número de persoas enfermas sobe ás 234.
Este incremento débese aos 6 casos máis ca onte que se rexistran no concello de Boborás, que alcanza hoxe domingo 26 persoas con infección activa. Tamén suben os enfermos no Irixo (+2) e chega aos 10, San Cristovo de Cea (+2) e sube aos 6, e O Carballiño (+1) e chega aos 178. Maside rebaixa un contaxio e quédase con 3 activos, e tamén baixa Beariz, un menos ca onte e rexistra 6. Sen cámbeos en Piñor (3) Punxín (1) e San Amaro (1)