Feijoo xestor
Hai varios datos preocupantes da xestión da Xunta de Galicia diante do comportamento da pandemia na nosa comarca e especialmente no Concello do Carballiño, e son varios e moi obxectivos: O primeiro que levamos dende o mes de marzo sen Xefe de Servizo no centro de Saúde do Carballiño. O segundo que se fixo un acto puramente propagandístico cos tests nas farmacias, cando saben que estàn a piques de caducar os devanditos tests. O terceiro a opacidade coa que se estàn manexando os datos de positivos, poñendo como exemplo os positivos nos centros educativos que dende Fai poucos días comenzaron a publicalos de xeito manipulado e non o fan por vontade propia senon porque un sindicato comenzou a facelos públicos a semana pasada por centros, CIG Ensino, onde se poden consultar os datos. Por último lamentable como Feijoo està demonizando o sector da hostelería, alguén no seu sano xuicio pode crer que as persoas que van tomar un café as 8:00 da mañà para ir a traballar, para ir o centro médico ,.. son focos de infección?.
Feijoo gran xestor e os alcaldes calados e apoiando.
Todo ben