3ª División: o Arenteiro derrota ao Ourense CF, 2-0.

25, Outubro 2020

Dous goles, un en cada parte, deron o triunfo ao Arenteiro ante o Ourense CF no partido xogado no campo da Regueiriña en Barbantes ao non podelo facer en Espiñedo debido ás restricións no Carballiño por culpa da pandemia, Marquitos e Javi Pazos marcaron os goles e Diego García volveu deixar a portería a cero.

Curiosamente, o Arenteiro xa se enfrontou no último mes a tres dos catro equipos que xogaron play off de ascenso a pasada tempada, o Compostela en amigable de pretempada e Arousa e Ourense CF neste inicio de liga, e os verdes gañaron os tres partidos.

Este bo inicio de liga sitúa ao Arenteiro como líder do grupo, condición que comparte co Ribadumia, que tamén gañou os seus dous partidos. No partido ante o Ourense Fran Justo seguíu reservando a varios xogadores que arrastran diferentes lesións das que están a recuperarse favorablemente, caso de Sylla, Joni e Manu Mariña, aos que se sumaba a última hora Victor Eimil. No próximo partido en Redondela ante o Choco tampouco poderá xogar Adrián Pol, que hoxe foi expulsando con cartón vermello directo.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:

http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...