O Arenteiro continúa líder tras empatar en Redondela nun partido moi intenso co Choco, 0-0.

1, Novembro 2020

Un partido intenso e vivo ata o pitido final, foi o que ofreceron no municipal de Santa Mariña de Redondela o CD Choco e CD Arenteiro, no que o marcador non se moveu, un punto a domicilio que da ao equipo do Carballiño o liderato, agora en solitario, da terceira división neste arranque de competición.

Un partido no que houbo ocasións ante ambas porterías, acaso as dúas máis claras para o Arenteiro, unha en cada parte, pero na primeira o meta local Cortegoso evitou o gol dos verdes e na da segunda parte, Javi Pazos cruzou demasiádo o balón, no susto máis grande da tarde para os 150 socios do Choco que poideron presenciar o partido, debido á limitación de aforo.

Pero tamén hai que recoñecer que o Choco tivo os seus avisos ante a portería de Diego García, que tampouco pasou por grandes apuros para manter a portería a cero por terceiro partido cosecutivo, sendo o único equipo de toda a terceira división, incluidos os dous subgrupos, que de momento continúa imbatido. 

Na primeira parte o xogo estivo máis nivelado, e a presión alta exercida polo Arenteiro impedíu ao Choco facer o seu habitual xogo combinativo, mentres que na segunda metade os choqueiros lograron o ritmo do partido ante un Arenteiro que cedeu terreo e decidíu xogar máis á contra.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...