Feijóo anuncia que traslada ás cidades e outros 57 municipios galegos "o modelo O Carballiño", con mobilidade restrinxida e actividades non esenciais pechadas a partir das 15 horas deste próximo venres
O Presidente da Xunta de Galicia dixo esta mañá que vai aplicar o que chamou "modelo O Carballiño" ao resto de Galicia, ás sete grades cidades e a outros 53 municipios no que a situación da pandemia é máis desfavorable. En principio, e no ámbito das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, todos os concellos quedarían fora destas restricións, excepto no Carballiño nas que vain seguir vixentes as actuais medidas tanto de mobilidade restrinxida ao propio territorio municipal ou as relativas a todas as actividades consideradas non esencias, que continuran prohibidas no municipio carballiñés, tal como están na actualidade.
Alberto Núñez Feijoo anunciou este mércores que establecerá a partir do venres ás 15:00 horas e durante un mes o peche de actividades non esenciais, incluída a hostalería, e o peche perimetral para o 60 por cento da poboación galega.Nunha comparecencia para informar sobre as medidas acordadas polo comité clínico reunido de novo este mércores, explicou que estas medidas afectarán a un total de 60 municipios, que inclúen as sete cidades e as súas zonas de influencia, así como 14 localidades máis pequenas que presentan altos índices de contagios.
Os municipios afectados polas restricións son A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Lugo, Santiago, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Ferrol, Ares, Fene, Neda, Narón, Mugardos, Ourense, Barbadás, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén Pontevedra, Vilaboa, Pontecaldelas, Poio, Marín, Barro, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior, Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Porriño, Redondela, Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía.