6 de Novembro: Suben os contaxios activos no Carballiño (+3) despóis de 14 dias consecutivos de baixada. Sen variacións no resto dos concellos.
Por vez primeira en 14 dias de descenso diario no número de contaxios activos de coronaviurus no concello do Carballiño, os datos deste venres dia 6 de Novembro rompen esa tendencia e rexistran hoxe un incremento de 3 casos máis que onte, o que sitúa no número de persoas con infección activa no Carballiño en 81.
Non se produce ningunha variación no resto do concellos, que manteñen activos os mesmos casos que onte: Boborás (14) Cea (12) Piñor (6) Beariz (3) Maside (2) O Irixo (2) Punxín (2) San Amaro (2)