Sanidade autoriza ampliación de aforo para este domingo ás 150 persoas en Espiñedo. O resto poderá seguir o partido na TVG-2 e na Web da canle autonómica.
O club da preferencia aos socios, con número do 1 ao 300, para que recollan o seu pase no despacho de entradas do Estadio de Espiñedo este sábado dia 7 de Novembro en horario de 11 a 13 e de 17 a 19 horas, ata agotar as 150 entradas dispoñibles para completar o novo aforo autorizado polas autoridades sanitarias.
Según este sistema, no próximo partido daríaselle preferencia aos socios con número a partir do 300, e asi mentres dure esta situación debido ás restricións motivadas pola pandemia. A boa noticia para os afeccionados do Arenteiro é que o partido ante a UD Atios a partir das 16:30 horas deste domingo 8 de Novembro será retransmitido íntegramente na WEB da Televisión de Galicia na ligazón https://is.gd/hxojQA Ademáis, en formato carrusel tamén poderá seguirse na TVG-2, alternando o partido de Espiñedo co Barco-Arousa e o Bergantiños-Vilalbés.