"Pupas, sustos e outros disgustos" o proxecto nacido no centro de saúde do Carballiño puxo en marcha "heroes contra o coronavirus", un programa educativo de prevención Covid
“Pupas, sustos e outros desgustos” é un proxecto que naceu no 2017 no Centro de Saúde do Carballiño, e que gracias o apoio da Xerencia, dirección de enfermaría e subdirección de atención primaria da área sanitaria, foise estendendo pouco a pouco por toda a provincia a partir de maio do 2018. De este proxecto naceu o grupo de educación para a saúde do mesmo nome, do que forman parte máis de 30 voluntarios, enfermeiras, técnicos de emerxencias sanitarias,e alumnos de enfermería,unidos na importancia da prevención e promoción da saúde,e considerando que a educación sanitaria é un pilar básico do noso sistema.
Todas as actividades son deseñadas en colaboración con nenos, eles son unha gran fonte de ideas pero tamén uns marabillosos críticos que fan que contar con eles, para o deseño de actividades para e por eles sexa moi enriquecedor e permita adaptar mellor cada obradoiro as súas necesidades. O primeiro dos obradoiros que se puxo en marcha “pupas, sustos e outros desgustos: aprender primeiros auxilios salva vidas” chegou en 2 anos a 62 colexios e participaron nel 2776 nenos de terceiro e cuarto de primaria. Isto foi posible gracias ós voluntarios que dedicaron moitas horas a visitar os centros, e tamén os compañeiros, enfermeiros de atención primaria, que participaron nesta aventura, programando a visita, ou participando na intervención A experiencia destes 2 anos demostra -asi o manifestan- que a aprendizaxe dinámica baseada en xogos funciona, porque realmente cando aprendemos máis e mellor?, cando a vez nos estamos divertindo?, ou cando nos estamos aburrindo?, foi asi como tamén confirmaron o que xa sabían, que os nenos teñen unha capacidade de aprendizaxe incrible, potenciada pola gran curiosidade que teñen por saber, practicar… pero que ademais de todo isto, son uns marabillosos axentes de saúde para as súas familias, xa que unha enquisa pasada a máis de 800 familias de nenos que participaron na intervención, deixa claro que todo o aprendido e falado o transmitiron nas súas casas, cos pais, avós, irmáns, amigos... e gracias a eles ademais de aprender cousas novas, corrixiron cousas que non facían de todo ben. De esta experiencia naceron novas iniciativas como “Revolución Teenagers; preparándonos para ser maiores “ (destinada a nenos de sexto de primaria), “aprender primeiros auxilios en familia” (obradoiro práctico de primeiros auxilios, en que nenos, pais, avós… aprenden xuntos e xogando)
Pero chegou a COVID e tocou reinventarse. e seguindo a mesma liña, ilusión e motivación, asi chegou “heroes contra o coronavirus” , unha iniciativa impulsada pola Xerencia da área sanitaria, por a subdirección de enfermería de atención primaria, e que contou, unha vez máis, co apoio da xefatura territorial de educación. Heroes contra o coronavirus ten como obxectivo servir de reforzo educativo para os nenos, e axuda os profesores, para tratar os temas relacionados con prevención COVID, nas aulas, e facelo de forma lúdica, resolvendo dúbidas, rompendo mitos, empoderar ós nenos, que non dubiden que son verdadeiros “heroes” e que saiban que necesitamos a súa axuda para poder “acabar con este vilán”.
Para iso o primeiro foi elaborar unha serie de recursos (vídeos, infografías, un cómic, un caderno de actividades, presentacións, curso on line…) e deseñar unha formación concéntrica para poder chegar en 3 semanas a todos os centros da provincia. Na elaboración dos recursos destacan a colaboración do servizo de comunicación da área , con 11 enfermeiros, 1 médico, 14 nenos e un marabilloso equipo de voluntarios. Formouse un grupo de formadores, integrados por 14 enfermeiras (das cales 9 son especialistas en enfermaría familiar e comunitaria, 1 especialista en pediatría, 1 EIR de segundo ano de FeC) o cal se uniron nas visitas os centros voluntarios do Centro de saúde de referencia e do grupo de educación para a saúde “pupas, sustos e outros desgustos” (participaron no programa, xunto cos formadores de heroes, 33 voluntarios: 14 enfermeiros , 19 alumnos de prácticas de enfermaría, 3 médicos de atención primaria, 2 EIR de primeiro ano , 1 pediatra e 1 TES).
En 3 semanas a inicitativa chegou a 153 centros de ensinanza, participando de forma directa na intervención 4730 nenos e mozos e 422 profesores. A experiencia foi moi satisfactoria para todas as partes, agradecendo a boa acollida por parte da comunidade educativa. En cada centro que tiña infantil fíxose un taller en unha das aulas, o que chamamos aula piloto (case todos os centros con varias aulas de infantil elixiron a de 5 anos). Con eles traballamos a hixiene de mans con un xogo con pintura, fixemos xogos de distancia, de saúdos,e de colocación de máscara. En primaria, ESO, Bacharelato e FP a maioría optou por a formación de “comités de expertos” formados por representantes da distintas aulas, Estes serán despois, xunto cos profesores, os encargados de transmitir os coñecementos ó resto de alumnos. A máis idade máis afondamos en temas como a máscara, os síntomas, os contaxios, diagnóstico, prevención, e limpeza de superficies.
Tamén se aproveitou a visita para resolver dubidas dos profesores. Ao final do obradoiro todos os participantes obtiveron un carné cos seus datos que os convirte no equipo “virus fighter” do cole. A atención ca que participaron no obradoiro desde os máis pequenos de infantil ata os mozos de Bacharelato e FP foi exemplar. Aproveitaron a oportunidade para preguntar todas as dubidas que teñen respecto a temas como: tipos de máscaras, limpeza das re utilizables, que facer se estiveron con un positivo, como limpar o móbil ou outras superficies, probas diagnósticas, síntomas que poden ter, fases de contaxio, inmunidade, e moitas outras cuestións moi importantes. E tamén, o que é moi importante, para contar as súas experiencias, incluso para expoñer as súas queixas (a mais repetida foi a relacionada con novas que culpan a mocidade dos brotes.
A intervención foi moi ben valorada tanto polos profes como polos formadores e voluntarios, todos coinciden na importancia da comunicación entre os centros de ensino e os centros de saúde; e de levar a cabo proxectos xuntos. Xa que esta claro que xuntos somos máis fortes. Todos os recursos creados quedan a disposición dos centros para que os poidan utilizar cando consideren. As persoas interesadas a acceder o curso on line, os vídeos, poden facelo tamén a través da web do proxecto www.pupas.org. Así mesmo tomamos nota de todos aqueles centros que nos están solicitando novas visitas para facer o obradoiro noutras aulas, reforzar coñecementos, resolver dúbidas e planificaránse tan pronto sexa posible.
Como coordinadora do programa, Verónica Civeira agradece aos formadores e voluntarios "o marabilloso traballo levado a cabo, e de forma especial a Miriam Irene Cedron , Melania Fraga e Beatriz Blanco que foron as enfermeiras encargadas de proxectos, presentación, recursos, programación,e por suposto, gracias e admiración total e absoluta ós profesores polo inmenso traballo que están levando a cabo para conseguir que as ulas sexan lugares o máis seguros posibles, e os nenos e mozos por que nos están a dar un exemplo".